O presidente da Xunta inaugurou esta mañá o Congreso de protocolo e eventos Xacobeo'21. Caminando juntos

Feijóo refírese a Galicia como un pobo que leva séculos poñendo en práctica o "manual de protocolo xacobeo" baseado na hospitalidade e o respecto

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2021

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe a Galicia como un pobo que leva séculos poñendo en práctica o “manual de protocolo xacobeo” baseado na hospitalidade e o respecto.
“Galicia ten asumido un protocolo colectivo que non só se basea na hospitalidade, senón tamén na cortesía que nos leva ao respecto”, abundou.
Durante a inauguración do Congreso de protocolo e eventos Xacobeo’21.Caminando juntos, Feijóo destacou tamén a importancia dos protocolos para dar importancia ás cousas; para xestionar situacións, como os implantados para afrontar a pandemia; ou para, xunto a outras institucións, organizar vías de colaboración e plasmar acordos ou relativizar os desacordos. “Un protocolo son regras, e as regras axudan a ordenar as cousas o que evita o desconcerto”, dixo, a modo de resumo.

O presidente da Xunta concluíu resaltando o traballo do comité organizador deste congreso, que reunirá ata o vindeiro sábado a arredor de 400 profesionais de varios países.

Imaxes relacionadas

Departamento:
A Presidencia da Xunta