A Xunta cataloga case un 1M expedientes xudiciais que serán remitidos á Xunta de expurgación, dos cales o 85% corresponden á provincia de Pontevedra
O obxectivo do plan de Expurgo do Goberno galego é desconxestionar as distintas instalacións xudiciais, organizar a documentación de forma clasificada e redundar nunha mellora na xestión diaria
Grazas a todas estas actuacións, atopándose expedientes históricos de relevancia, como un expediente do proceso ao que fora presidente do Goberno de España na segunda República, Santiago Casares Quiroga
A Xunta continúa co expurgo e a organización da documentación dos arquivos xudiciais e vén de catalogar case 1M de expedientes xudiciais para o seu posterior expurgo cando a súa eliminación sexa aprobada pola Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial.
Segundo explicou o director xeral, están catalogados case que un millón de expedientes xudiciais para ser dirixidos á Xunta de Expurgación, concretamente trátase de 988.641 expedientes, dos cales o 85% son de xulgados da provincia de Pontevedra.
A Xunta impulsou a elaboración de normas de desenvolvemento para facer efectiva a organización e expurgo da documentación xudicial e dotou de persoal técnico aos 4 arquivos territoriais provinciais, así como elaborou unha aplicación informática para a xestión do ciclo de vida dos documentos e expedientes xudiciais, así como o control das pezas de convicción existentes. Estes traballos permitiron eliminar 100 toneladas de pezas de convicción, o que permite liberar espazo nas sedes xudiciais.
Grazas a todas estas actuacións, máis dun millón douscentos mil expedientes – que equivalen a dez quilómetros lineais- foron transferidos á Xunta de Expurgación Xudicial e aos arquivos históricos provinciais, atopándose expedientes históricos de relevancia, como un expediente do proceso ao que fora presidente do Goberno de España na segunda República, Santiago Casares Quiroga.
A Xunta conta cun plan de expurgo na Administración de Xustiza co obxectivo de desconxestionar as instalacións xudiciais, organizar a documentación de forma que quede mellor ordenada e redundar nunha mellora na xestión diaria.
Desde a posta en marcha deste plan, téñense trasladado ou eliminado máis dun millón de expedientes dos xulgados galegos e retiráronse máis de 100 toneladas de pezas de convicción.
TOTAL CORUÑA | 29.771 | |
TOTAL LUGO | 100.222 | |
TOTAL PONTEVEDRA | 823.243 | |
TOTAL OURENSE | 35.405 | |
TOTAL | 988.641 |