O delegado territorial da Xunta en Ourense asiste á presentación da 'Gladiator Race'
2021-10-20
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2021/Outubro/semana-04/201021 Presentacion da Gladiator Race Muinos.1.jpg
Ourense, 20 de outubro de 2021
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiu esta mañá á presentación da nova edición da Gladiator Race, a única carreira de obstáculos desta modalidade deportiva que se celebrará en España en 2021, froito do convenio entre o Inorde e a Axencia Galega de Turismo. Nesta proba están inscritos máis de 400 participantes procedentes de quince provincias e do norte de Portugal.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes