A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, vén de asinar telematicamente este acordo co alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo
A Xunta e o Concello de Culleredo asinan o convenio de colaboración para facilitar a execución do itinerario entre a Rúa Mero e o Paseo da Ría do Burgo
Augas de Galicia poñerá á disposición do Concello de Culleredo os terreos necesarios para o desenvolvemento destas obras
O Concello de Culleredo solicitará as autorizacións, executará as actuacións e conservará en bo estado as obras e instalacións
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinou telematicamente co alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, o convenio de colaboración para facilitar a execución do itinerario peonil e ciclista entre a rúa Río Mero e o paseo da Ría do Burgo.
O obxectivo deste convenio é establecer as condicións da colaboración para o desenvolvemento destas obras.
No acordo, Augas de Galicia comprométese a poñer á disposición os terreos necesarios para que o Concello de Culleredo acometa esta actuación.
Pola súa parte, o Concello de Culleredo solicitará as autorizacións para a execución das actuacións e conservará en bo estado as obras e instalacións.
Coa sinatura deste convenio, a Administración local poderá acometer esta senda cunha lonxitude de 757 metros, que permitirá vertebrar os diferentes núcleos do Concello, seguindo os obxectivos do Programa operativo FEDER 14-20.