Política Social participa en Santiago no encontro de voluntarios e persoas xordocegas de Galicia

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2021

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu hoxe ao XVI Encontro de voluntariado, persoas xordocegas e persoas xordas en risco de exclusión social, que se celebrou na Praza de Obradoiro da capital galega. Ao longo da xornada levaranse a cabo actividades de ocio como xogos, unha escapada urbana e un xantar no Monte do Gozo.

Neste encontro participou medio cento de persoas, entre voluntarios e beneficiarios do servizo de voluntariado que ofrece a Federación de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg).