Política Social reúnese cos titores do programa de mentoring para preparar o inicio da actividade

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2021

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, mantivo hoxe unha reunión coas dez persoas encargadas de titorizar ás mozas e mozos que participarán no programa Mentoring, que está a piques de iniciar a Xunta de Galicia para favorecer a empregabilidade da xuventude galega.

Os titores desta iniciativa son profesionais especializados no eido dos recursos humanos, polo que axudarán e guiarán aos participantes do programa para facer posible unha efectiva transición da vida académica ao mercado laboral.

Imaxes relacionadas