O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación da novena edición do Rallye Ourense-Ribeira Sacra
2021-09-30
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2021/Setembro/semana-05/300921 Rallye Ribeira Sacra 2.jpg
Ourense, 30 de setembro de 2021
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na presentación da novena edición do Rallye Ourense-Ribeira Sacra, que se desenvolverá o 1 e 2 de outubro, na área metropolitana da capital da provincia trala suspensión na súa edición 2020 pola covid-19.
A inscrición do certame conta con 108 equipos, que estrean parte do percorrido e reformulan o restante, sen presenza na provincia de Lugo e con Luintra como centro neurálxico da competición.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes