Miranda participa na presentación da Plataforma Networking Ronsel que permitirá unir sinerxías entre emprendedores

Nesta iniciativa, que conforma un ágora comercial, estarán incluídos os emprendedores galegos retornados do programa Merlo

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2021

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou esta tarde na presentación da nova plataforma networking da Fundación Ronsel que permitirá unir sinerxías entre iniciativas de novos emprendedores.

De feito, formarán parte das plataforma os emprendedores galegos retornados que están a ser mentorizados a través do programa Merlo de Ronsel.

Así, poderán atopar nesta plataforma servizos que poidan ser complementarios ás súas empresas. Ademais, os participantes poderán seguir charlas en directo sobre temas de actualidade, organizaranse obradoiros cos mentores e incorporarase información corporativa dos membros na plataforma a modo de expositor comercial.

Rodríguez Miranda animou aos emprendedores retornados que formen parte deste programa a colaborar entre eles, recordando que deste xeito impúlsanse as iniciativas e, entre todos, apóstase polo talento dos galegos que volven do exterior e deciden formar parte da sociedade e a economía galega.

Imaxes relacionadas