O titular do Goberno galego participou no acto de entrega do Premio Diego Bernal 2021, que outorga a Asociación de Periodistas de Galicia e que se lle concede a Arturo Maneiro

Feijóo eloxia o papel dos medios de comunicación galegos para entender Galicia

Sobre o galardoado Arturo Maneiro, destaca o seu traballo polivalente en medios e a súa fonda pegada na consolidación dos nosos medios públicos

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2021

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, eloxiou hoxe o papel dos medios de comunicación galegos para entender Galicia.

Nesta liña, afirmou que ao igual que hai políticas que fan e dialogan e outras que desfán e monologan, os medios galegos teñen no seu haber o logro de contribuír á construción dun país que vivira séculos incomunicado, referíndose a unha opinión pública vigorosa, crítica e tolerante.

Durante o acto de entrega do Premio Diego Bernal 2021, que outorga a Asociación de Periodistas de Galicia, Feijóo referiuse deste xeito á traxectoria do galardoado Arturo Maneiro, destacando o seu traballo polivalente en medios e a súa fonda pegada na consolidación dos nosos medios públicos.
 

Imaxes relacionadas