A Xunta apoia a nova campaña de ‘Lugocentrum’ e a Asociación de Autónomas para fomentar o comercio local

Lugo, 7 de setembro de 2021

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da nova campaña impulsada polo Centro Comercial Aberto LugoCentrum e a Asociación de Autónomas de Lugo para fomentar o comercio local, que conta co apoio do Goberno galego.

A iniciativa Quero que me entendas. Comercio Fest desenvolverase durante o mes de setembro e inclúe accións de comercio na rúa e o reparto de tíckets entre os clientes das tendas asociadas para participar en actividades de ocio e sorteos que se desenvolverán os xoves pola tarde na praza Maior.

Arias salientou que “comprar no comercio de proximidade é apostar pola economía local” e puxo en valor as medidas de apoio da Xunta, como o Bono Activa Comercio, que leva mobilizado máis de 2 millóns de euros en vendas na provincia de Lugo e son máis de 23.500 persoas as que xa o descargaron; ou as axudas para fomentar que centros comerciais abertos, asociacións de praceiros e federacións leven a cabo proxectos co fin de dinamizar as vendas e promocionar os seus produtos a través das novas tecnoloxías.

Imaxes relacionadas