A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe os participantes no campamento xuvenil Virxe do Loreto

Política Social visita os participantes da última quenda de campamentos en Porto do Son

Estas instalacións acolleron cinco quendas de campamentos ao longo de verán nas que participaron rapaces de entre 13 e 17 anos

A campaña de verán da Xunta para este 2021 puxo á disposición da mocidade 7800 prazas e preto de 200 quendas en diferentes localizacións

Porto do Son (A Coruña), 3 de setembro de 2021

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe os mozos que participaron na última quenda do campamento xuvenil Virxe do Loreto, en Porto do Son. Alí sinalou que a campaña de verán 2021 foi todo un éxito e permitiu ofrecer á xuventude un espazo de diversión e ocio seguro con todas as garantías.

O campamento ‘Natureza xunto ao mar’ acolleu cinco quendas ao longo do verán nas que os participantes, de entre 13 e 17 anos, puideron desfrutar de actividades acuáticas como surf, bodyboard ou kaiak. Este sábado rematarán os rapaces que pasaron a última semana nestas instalacións.

Cristina Pichel destacou que a Xunta apostou un ano máis pola campaña de verán mellorando e incrementando a oferta de actividades para a mocidade. Neste sentido, concretou que foron un total de 7800 prazas, mil máis que o ano pasado, e preto de 200 quendas en diferentes localizacións de toda a comunidade.

Imaxes relacionadas