Trenor felicita á asociación West Galicia por pechar, un ano máis, con éxito de participación o seu campamento de integración Urbanwest

A Coruña, 2 de setembro de 2021

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá o espazo de convivencia de nenas e nenos con capacidades diferentes Urbanwest que se celebrou no CEIP de San Pedro de Visma organizado pola asociación West Galicia.
Trenor destacou que, un ano máis, a Xunta de Galicia cedeu as instalacións deste centro educativo para facer realidade este proxecto de integración que tivo lugar desde o 28 de xuño e que hoxe remata.
Este campamento fomentou a convivencia entre nenas e nenos con e sen diversidade funcional, tratando con isto de normalizar o concepto de que con independencia das capacidades funcionais e/ou limitacións é posible unha convivencia autónoma e satisfactoria. Neste censo, neste campamento por fomentar o ocio a través do deporte, a música e a natureza, adaptando a cada neno, con terapeutas especializados, as necesidades para a súa realización e comprensión.
O delegado da Xunta agradeceu especialmente o esforzo dos excelentes profesionais e dos voluntarios para conseguir que todos os participantes se sumen a un proxecto común de integración creando una sociedade máis tolerante e empática.

Imaxes relacionadas