A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta tarde aos participantes no campo de voluntariado Rural Influencers

Política Social pon en valor o poder dinamizador da xente moza e das novas tecnoloxías no rural galego

A proposta estase a desenvolver no CEIP Plurilingüe de Carballedo, en Cerdedo-Cotobade, e inclúe actividades de traballo multimedia, exposicións de fotos e xestión de redes sociais

Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), 26 de agosto de 2021

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, puxo en valor o poder dinamización da xente nova e das novas tecnoloxías no rural galego. Esta tarde visitou aos participantes do campo de voluntariado Rural Influencers que se está a desenvolver no concello de Cerdedo-Cotobade.

As mozas e mozos que participan nesta actividade, de entre 18 e 30 anos, están a realizar actividades de dinamización cultural, centradas no traballo multimedia cunha exposición de fotos ou talleres de técnica de manexo das redes sociais. Para iso, os participantes están a facer uso das instalacións do CEIP Plurilingüe de Carballedo.

A directora xeral sinalou que as novas xeracións están a sacar proveito das vantaxes do rural galego e dalas a coñecer ao mundo a través das redes sociais e as novas canles de comunicación. Unha oportunidade para dinamizar estas zonas da nosa comunidade e ampliar o coñecemento delas, así como da propia vida dos seus veciños, entre a xente nova.

Imaxes relacionadas