Política Social colabora na organización do festival de Pardiñas en Guitiriz co seu campo de voluntariado

Guitiriz (Lugo), 7 de agosto 2021

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe o campo de voluntariado Da Auga e Da Pedra, que se celebra na localidade lucense de Guitiriz. Alí os participantes colaboran na organización do Festival de Pardiñas co acondicionamento dos lugares de celebración, na montaxe de estruturas e coa recollida de refugallos, entre outros traballos.

Cristina Pichel destacou todo o abano de propostas estivais que son postas en marcha pola Xunta de Galicia e que colaboran coa posta en valor do patrimonio natural e cultural da nosa comunidade galega.
 

Imaxes relacionadas