A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe o campamento afincado en Forcarei

A Xunta desenvolve actividades de ocio e seguras para os máis novos en plena natureza no campamento de Pontemaril

Realizan actividades como piragüismo, piscina, kaiak ou bicicleta na natureza, ademais de actividades de supervivencia como carreiras de orientación, sendeirismo na montaña ou obradoiro de reciclaxe

Forcarei (Pontevedra), 6 de agosto 2021.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe o campamento Aventura na Natureza de Pontemaril centrado no deporte e a natureza. Alí puxo en valor a importancia que teñen estas propostas de ocio enmarcadas na Campaña de Verán da Xunta Galicia e coas que se pretende fomentar o lecer educativo, saudable e seguro da xuventude galega.

Neste campamento lévanse a cabo actividades acuáticas como piragüismo, piscina, kaiak ou bicicleta na natureza, ademais de actividades de supervivencia como carreiras de orientación, sendeirismo na montaña ou obradoiro de reciclaxe.

Os nenos que participan neste campamento teñen entre 11 e 14 anos e están nunha das últimas quendas da actividade, que rematará mañá sábado. Á súa vez está tendo lugar Pequecho Aventura, neste mesmo campamento, pero dirixido aos nenos de entre 9 e 11 anos e que rematará o próximo día 8 deste mes.

Imaxes relacionadas