Feijóo aborda co alcalde de Barbadás os principais proxectos para o municipio, como a mellora de diversas infraestruturas locais

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2021

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, abordou hoxe co alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel Doval, os principais proxectos para este concello ourensán, como a mellora de diversas infraestruturas locais.

O titular do Goberno Galego transmitiulle ao alcalde que as axudas económicas para os autónomos, as microempresas e a hostalaría local dos Plans de Rescate I e II, estanse repartindo segundo o previsto. De feito, máis do 73% dos titulares recibiron xa as axudas do primeiro Plan de Rescate e realizáronse pagos por valor de 273.660€ no segundo plan.

En canto os investimentos para a mellora das infraestruturas locais, acordaron avaliar o posible cofinanciamento do pavillón polideportivo e da habilitación dunha zona de xogos na piscina municipal, así como realizar un estudo para a implantación no municipio dun centro de día.

Finalmente, durante a reunión, Feijóo destacou a concesión dunha axuda de 30.000 € para a adquisición dun vehículo para a policía local con distintivo ambiental Cero emisións.
 

Imaxes relacionadas

Departamento:
A Presidencia da Xunta