Galicia contará o vindeiro curso cun total de 465 centros educativos plurilingües, 42 deles de nova incorporación
Do total de colexios que xa formaban parte do Edulingüe, cinco deles amplían o modelo á etapa de Secundaria (plurilingüismo clásico), 41 esténdeno á etapa de Infantil (Plurinfantil) e dous fano á de Bacharelato (PluriBach)
Un total de 465 centros educativos, 42 deles de nova incorporación, formarán parte o vindeiro curso do modelo plurilingüe da Xunta de Galicia, unha acción enmarcada na Estratexia galega de linguas estranxeiras, EDUlingüe, cuxo obxectivo fundamental é estender o plurilingüismo a todas as etapas educativas e facilitar que os alumnos e alumnas poidan acreditar o seu nivel de lingua estranxeira ao final de etapa.
Este modelo plurilingüe -que implica a impartición de ata un terzo do horario lectivo en lingua estranxeira- comezouse a aplicar no curso 2010/11 para as etapas de educación obrigatoria, isto é, de Primaria e ESO (o denominado Plurilingüismo clásico). Xa a partir do curso 17/18, a Consellería de Educación ampliouno ás etapas de Infantil (Plurinfantil), Bacharelato (Pluribach) e Formación Profesional (PluriFP).
Así pois, coas novas incorporacións, o próximo curso haberá un total de 382 centros (cinco máis que este curso) con plurilingüismo en Primaria ou ESO, ou en ambas etapas á vez (Plurilingüismo clásico), 212 (41 máis) con Plurinfantil (que contan tamén, na súa maioría, con plurilingüismo en Primaria) e 15 (dous máis) centros Pluribach( que tamén pode ser combinado con outra etapa).
Para dar apoio a estes centros, a Consellería pon ao servizo da comunidade educativo un total de 628 auxiliares de conversa neste ano académico, o que significa multiplicar por dez os do ano 2008.
A relación dos centros que se incorporan este ano ao plurilingüismo (pode consultarse no Portal Educativo):
A CORUÑA | ETAPA | |
Culleredo | CPR A Ponte Pasaxe | Educación primaria |
Ferrol | CEIP Recimil | Educación primaria |
A Pobra do Caramiñal | CEP Salustiano Rey Eiras | Educación primaria |
Porto do Son | CEIP de Campanario | Educación primaria |
Santiago de Compostela | CEIP Mestre Rodríguez Xixirei | Educación primaria |
Teo | CEIP da Ramallosa | Educación primaria |
A Coruña | CEIP Alborada | Educación primaria |
Carballo | CEIP de Gándara-Sofán | Educación primaria |
A Coruña | CEIP José Cornide Saavedra | Educación primaria |
Ferrol | CEIP de Ponzos | Educación primaria |
Boiro | CEIP de Cespón | Educación primaria |
LUGO | ||
Becerreá | CEIP San Xoán | Educación primaria |
Begonte | CEIP Virxe do Corpiño | Educación primaria |
Chantada | CEIP Xoán de Requeixo | Educación primaria |
Lugo | CEIP Manuel Mallo Mallo | Educación primaria |
Lugo | CEIP Benigno Quiroga Ballesteros | Educación primaria |
Mondoñedo | CEIP Álvaro Cunqueiro Mora | Educación primaria |
A Pobra de Brollón | CEIP da Pobra de Brollón | Educación primaria |
Sarria | CEIP Antonio Fernández López | Educación primaria |
O Saviñao | CPI Dr. López Suárez | Educación primaria |
Palas de Rei | CEIP de Palas de Rei | Educación primaria |
Cospeito | CEIP de Muimenta | Educación primaria |
OURENSE | ||
Maceda | CEIP de Maceda | Educación primaria |
Ourense | CPR Concepción Arenal | Educación primaria |
Ourense | CEIP As Mercedes | Educación primaria |
Ourense | CEIP Manuel Sueiro | Educación primaria |
Verín | CEIP Amaro Refojo | Educación primaria |
PONTEVEDRA | ||
Campo Lameiro | CEIP Pedro Antonio Cerviño | Educación primaria |
Cangas | CEIP do Castrillón-Coiro | Educación primaria |
Cerdedo-Cotobade | CEIP de Tenorio | Educación primaria |
Nigrán | CEIP Humberto Juanes | Educación primaria |
Ponteareas | CEIP Feliciano Barrera | Educación primaria |
Ponteareas | CEIP Nosa Señora dos Remedios | Educación primaria |
Vigo | CEIP O Sello | Educación primaria |
Vila de Cruces | CEIP Nosa Señora da Piedade | Educación primaria |
Vilagarcía de Arousa | CEIP de Vilaxoán | Educación primaria |
Salvaterra de Miño | CEIP de Leirado | Educación primaria |
Redondela | CEIP de Cedeira | Educación primaria |
Vigo | CEIP García Barbón | Educación primaria |
Vigo | CEIP Seis do Nadal | Educación primaria |
Cangas | CPR Eduardo Pondal | Educación primaria |
Pontevedra | CEIP Praza de Barcelos | Educación primaria |
Centros que amplían etapa de cara ao próximo curso:
A CORUÑA | ETAPA | |
A Coruña | CPR Plurilingüe Sagrado Corazón | ESO |
Culleredo | CPR Plurilingüe Andaina | ESO |
Camariñas | CEIP Plurilingüe de Ponte do Porto | Educación infantil |
A Coruña | CPR Plurilingüe Padres Franciscanos | Educación infantil |
A Coruña | CPR Plurilingüe Santo Domingo | Educación infantil |
Ferrol | CEIP Recimil | Educación infantil |
Mazaricos | CPI Plurilingüe da Picota | Educación infantil |
Noia | CPR Plurilingüe Maria Assumpta | Educación infantil |
As Pontes | CEIP Plurilingüe Santa María | Educación infantil |
Porto do Son | CEIP de Campanario | Educación infantil |
A Coruña | CEIP Alborada | Educación infantil |
A Capela | CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro | Educación infantil |
Oza-Cesuras | CEIP Plurilingüe Bragade | Educación infantil |
Carballo | CEIP de Gándara-Sofán | Educación infantil |
Santa Comba | CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña | Educación infantil |
Boiro | CEIP de Cespón | Educación infantil |
LUGO | ||
Begonte | CEIP Virxe do Corpiño | Educación infantil |
Burela | CEIP Plurilingüe Virxe do Carme | Educación infantil |
Pantón | CEIP Plurilingüe Monte Baliño | Educación infantil |
Sarria | CPR Plurilingüe La Merced | Educación infantil |
OURENSE | ||
O Barco de Valdeorras | CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas | Educación infantil |
Lobios | CEIP Plurilingüe do Xurés | Educación infantil |
Ourense | CPR Concepción Arenal | Educación infantil |
Pereiro de Aguiar | CPR Plurilingüe Miraflores | Bacharelato |
PONTEVEDRA | ||
Nigrán | CPR Plurilingüe Ángel de la Guarda | ESO |
O Porriño | CPR Plurilingüe Hermanos Quiroga Rodríguez | ESO |
Vilagarcía de Arousa | CPR Plurilingüe San Francisco | ESO |
Cangas | CPR Plurilingüe Compañía de María | Educación infantil |
Cerdedo-Cotobade | CEIP Plurilingüe de Carballedo | Educación infantil |
Gondomar | CEIP Plurilingüe Chano Piñeiro | Educación infantil |
Marín | CPR Plurilingüe San Narciso | Educación infantil |
Nigrán | CEIP Humberto Juanes | Educación infantil |
O Porriño | CPR Plurilingüe Hermanos Quiroga Rodríguez | Educación infantil |
Ponteareas | CEIP Feliciano Barrera | Educación infantil |
Vigo | CPR Plurilingüe Amor de Dios | Educación infantil |
Vigo | CPR Plurilingüe San José de la Guía | Educación infantil |
Vilagarcía de Arousa | CPR Plurilingüe San Francisco | Educación infantil |
A Estrada | CEIP Plurilingüe de Oca | Educación infantil |
Redondela | CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda | Educación infantil |
Redondela | CEIP de Cedeira | Educación infantil |
Vigo | CEIP Plurilingüe Frián-Teis | Educación infantil |
Vilagarcía de Arousa | CEIP Plurilingüe de Rubiáns | Educación infantil |
Vigo | CEIP García Barbón | Educación infantil |
Sanxenxo | CPR Plurilingüe Abrente | Educación infantil |
Vigo | CEIP Plurilingüe A Doblada | Educación infantil |
Vigo | CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro | Educación infantil |
Vigo | CPR Plurilingüe Las Acacias-Montecastelo | Educación infantil |
Mos | CPR Plurilingüe Lar | Bacharelato |