Máis de 200 persoas participaron no curso online para prescriptores dirixido aos centros galegos do exterior e asociacións de Amigos do Camiño organizado polo Xacobeo e Emigración

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, agradeceulles a súa participación e animoulles a promocionar o Camiño en tódolos países con entidades galegas

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2021

O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, saudou aos participantes do curso on line para prescriptores do camiño de Santiago que organizou a Secretaría Xeral de Emigración e o Xacobeo este pasado fin de semana e no que participaron máis de 200 galegos do exterior e membros das asociacións de Amigos do Camiño.

Durante a súa intervención, Rodríguez Miranda, agradeceulles o seu interese por colaborar co Xacobeo 21-22 e animoulles a difundir a importancia e beleza do Camiño en tódolos países con entidades galegas.

A maior parte dos participantes que procedían do exterior son membros das entidades galegas das diferentes comunidades autónomas de España así como de Brasil, Portugal e Uruguai.

O curso permitiu formar a estas persoas para que teñan un maior coñecemento do Camiño de Santiago, tanto na súa historia, cultura e patrimonio, como sobre as medidas de seguridade e infraestruturas das diferentes vías polas que se desenvolven as peregrinacións.
 

Imaxes relacionadas