Fabiola García sinala que o centro de día adquirido por Afaga e Afapo en Marín demostra o seu compromiso pola atención ás persoas con Alzheimer
2021-07-12
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2021/Xullo/semana-03/20210712 Conselleira Centro de da II.jpg
Marín (Pontevedra), 12 de xullo de 2021
A conselleira de Política Social, Fabiola García, sinalou que o centro de día adquirido por Afaga e Afapo en Marín demostra o seu compromiso pola atención ás persoas con alzheimer. Esta mañá visitou estas instalacións que incrementan os servizos que estas dúas entidades achegan ás veciñas e veciños desta zona.
Fabiola García lembrou que o Goberno galego continuará apoiando a todas as entidades sociais que busquen mellorar a vida das persoas maiores e as persoas con discapacidade. Neste sentido, afirmou que representan un apoio fundamental para centos de persoas en toda a provincia.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade