Un total de 30 establecementos turísticos de Sanxenxo beneficiáronse das axudas da Xunta para o incremento da calidade da oferta

A Xunta concedeu axudas para a mellora dos 30 establecementos de aloxamento turístico e de restauración por importe de 465.000 euros, segundo trasladou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda na reunión mantida co Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo

A través de Turismo de Galicia financiáronse proxectos que permitiron a execución de actuacións orientadas a eliminación de barreiras arquitectónicas, mobiliario ou mellora da eficiencia enerxética

Para este ano, o Goberno galego case triplicou o investimento desta liña de axudas creada en 2018 para mellorar os establecementos turísticos, dotada con 3,5 millóns de euros

O ano pasado se incorporaba por vez primeira unha liña de axudas dirixida a restaurantes
 

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2021

A Xunta concedeu axudas para a mellora dos 30 establecementos de aloxamento turístico e de restauración por importe de 465.000 euros, segundo trasladou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda na reunión mantida esta semana co Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo.

O investimento concedido a través de Turismo de Galicia permitiu actuacións de mellora da infraestrutura turística galega orientadas a eliminación de barreiras arquitectónicas, mellora da sustentabilidade enerxética ou modificacións que lles permitiran aos establecementos obter certificacións de calidade a 28 aloxamentos 2 establecementos de restauración no concello de Sanxenxo, polos cales recibiron 15.107 euros e 450.323 euros, respectivamente,

A convocatoria destas axudas permitiu levar adiante proxectos dirixidos fundamentalmente a accesibilidade, mellora das instalacións de cociñas, remodelación de baños e servizos, equipamentos mobiliarios e mellora de eficiencia enerxética e de espazos común (pinturas, solos, illamentos…).

A través desta liña de axudas creada en 2018, a Xunta subvencionou un total de 208 proxectos de mellora das infraestruturas turísticas cunha achega autonómica de máis de 3.7 millóns de euros co obxectivo de incrementar a calidade, a accesibilidade e a sustentabilidade da oferta turística galega.

A través desta liña de axudas creada en 2018, a Xunta subvencionou un total de 80 proxectos de mellora mellora dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración por importe de case 1,5 millóns de euros co obxectivo de incrementar a calidade, a accesibilidade e a sustentabilidade da oferta turística galega.
 

Imaxes relacionadas