O presidente da Xunta destaca a vocación literaria de José Manuel Otero Lastres reflectida no seu novo libro "El Abrecartas de Jade"

A Coruña, 8 de xullo de 2021

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a vocación literaria de José Manuel Otero Lastres reflectida no seu novo libro El Abrecartas de Jade, merecedor do Premio de Literatura y Ensayo Fernando Arenas.

Durante o acto de presentación, Feijóo enxalzou o papel da literatura na nosa sociedade e trasladou o desexo de que o autor continúe brindando ao lector moitas máis historias no futuro, baseadas nunha receita literaria que combina a intriga ou a sorpresa, pero deixando sempre espazo para a reflexión.

Imaxes relacionadas