O director de Industrias Culturais da Xunta recibe a nova directiva da Academia Galega do Audiovisual

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2021

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta, Jacobo Sutil, reuniuse este mediodía cos representantes da nova directiva da Academia Galega do Audiovisual, encabezada polo produtor Álvaro Pérez Becerra como presidente.

Á reunión asistiron, así mesmo, a coordinadora do departamento de Política Audiovisual da Agadic, Dolores Meijomín, e o director da Academia, Miguel Mariño. O novo equipo de dirección, elixido para o período 2021-2023, avanzoulle ao representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade as principais liñas de actuación para o seu mandato, así como os traballos previos da vixésima edición dos Premios Mestre Mateo do audiovisual galego, que organiza cada ano co apoio da Xunta, entre outras entidades.
 

Imaxes relacionadas