O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou estes centros acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias

A Xunta licita as obras nas escolas infantís públicas autonómicas de Bouzas e Relfas-Sárdoma por 480.000 euros

Renovaranse as cubertas dos dous centros da cidade de Vigo por un importe de 430.000 euros e realizaranse outras melloras por outros 51.000 euros

Vigo, 8 de xullo de 2021

A Xunta sacou a licitación as obras que se van acometer nas escolas infantís públicas autonómicas de Bouzas e Relfas-Sárdoma por un investimento total de 480.000 euros. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou esta mañá os dous centros.

O obxectivo é avanzar nestas actuacións durante o mes de agosto, cando estes centros permanecen pechados. En concreto, a actuación irá dirixida a renovar as cubertas das dúas escolas, para o que se destinarán 430.000 euros, así como outros arranxos que contarán cun investimento de 51.000 euros.

O director xeral sinalou que estas obras permitirán mellorar as instalacións destas dúas escolas infantís en Vigo durante o período de vacacións de verán, o único momento do ano no que os centros están completamente baleiros. Así mesmo, apuntou que estes traballos mellorarán a calidade asistencial en ambas escolas.

Imaxes relacionadas