A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a aprobación do proxecto de construción dunha senda na estrada AC-301 ao seu paso polo concello de Rois

Esta intervención para a mellora da seguridade viaria e para o fomento da mobilidade sustentable conta cun investimento autonómico estimado en preto de 600.000 euros

Executarase unha nova senda de 820 metros para permitir a conexión dos itinerarios peonís existentes no polígono de Rois e de Padrón coas beirarrúas do núcleo rural de Rois

A Xunta continúa traballando na mellora das estradas autonómicas co obxectivo de reforzar a seguridade viaria e favorecer a mobilidade a pé dos veciños

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2021

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a aprobación do expediente de información pública do proxecto de construción dunha senda na estrada AC-301, no concello de Rois.

A intervención para a mellora da seguridade viaria e para o fomento da mobilidade sustentable conta cun investimento autonómico estimado en preto de 600.000 euros. No seguinte enlace pódese ampliar a información relativa a esta resolución: https://xurl.es/no12s .

Trátase de actuar na AC-301, no treito da marxe esquerda comprendido entre os puntos quilométricos 2+250 e 2+800, e a antiga AC-299, actualmente de titularidade local.

Mediante este proxecto impulsase a execución dunha nova senda peonil de 820 metros de lonxitude para permitir a conexión dos itinerarios peonís xa existentes no polígono industrial de Rois e de Padrón coas beirarrúas do núcleo rural de Rois.

O departamento que dirixe Ethel Vázquez, continúa traballando na mellora das estradas autonómicas co obxectivo de reforzar a seguridade viaria e favorecer a mobilidade a pé dos veciños.