Xunta e TSXG visitan as obras da Cidade da Xustiza coas plantas praticamente rematadas ao cen por cen

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda puxo en valor o compromiso da Xunta coas infraestruturas Xudiciais. De aí a importante inversión nesta gran obra, mais de 42M de euros para que o antigo Hospital Xeral volva ter uso e arranque como a gran sede xudicial que Vigo e comarca precisa

Renovarase os postos de traballo de 355 funcionarios e serán instaladas 355 mesas de traballo con ala lateral, 355 cadeiras de oficina, 355 cadeiras confidente, 355 armarios e 66 mesas auxiliares

A nova infraestrutura acollerá 38 unidades xudiciais e con esta obra culmina o Plan de Infraestruturas Xudiciais posto en marcha polo Goberno galego, dotado con máis de 115M€

Vigo, 6 de xullo de 2021

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda e presidente do TSXG, José María Gómez y Díaz-Castroverde, visitaron esta mañá as obras da Cidade da Xustiza, onde as plantas están xa practicamente rematadas ao cen por cen.

Á visita tamén asitiron a secretaria de Foberno TSXG, Concepción Otero, o decano Xuíz de Vigo, Germán Serrano; o secretario Coordinador Provincial, José Tronchoni; a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias e o director Xeral de Xustiza ,Juan José Martín. Ademais do arquitecto da obra, quen fixo unha explicación pormenorizada do estado actual da obra de rehabilitación do antigo Hospital Xeral e onde estarán ubicados os xulgados segundo os diferentes ordenes xurisdicionais.

Alfonso Rueda indicou que este mes deu comezo un traslado complexo que levará algúns meses xa que na nova sede xudicial serán reubicados máis de 500 traballadores xudiciais dos 38 órganos, polo que durante uns meses convivirán o traslado e o equipamento da infraestrutura xudicial máis importante de Galicia, coa que culmina o Plan de Infraestruturas xudiciais, posto en marcha no 2009 dotado con máis de 115 millóns de euros.

Renovarase os postos de traballo de 355 funcionarios, agás os que foron renovados recentemente, que son 2 Xulgados do Social e 2 de Primeira Instancia. Concretamente serán instaladas 355 mesas de traballo con ala lateral, 355 cadeiras de oficina, 355 cadeiras confidente, 355 armarios e 66 mesas auxiliares, ademais, de percheiros, papeleiras e paraugueiros, entre outros.

Tamén serán renovados o mobiliario dos despachos de todos os órganos e servizos xudiciais salvo os que foron amoblados recentemente. Procederase á renovación total de 43 despachos de maxistrados, 28 despachos de fiscais, 36 despachos de Letrados da Administración de Xustiza, 12 despachos de médicos forenses e 6 despachos dos equipos psicosociais

Alfonso Rueda puxo en valor a aposta da Xunta por Vigo e de aí a importante inversión nesta gran obra, mais de 42M de euros para que este edificio volva a ter uso e agora arranque como a gran sede xudicial que Vigo e comarca precisa. “Un exemplo de infraestrutura moderna, funcional e segura. Un exemplo a seguir no que se refire ao compromiso da Xunta coas infraestruturas xudiciais”, indicou o vicepresidente primeiro.

Unha vez rematadas as obras, a Cidade da Xustiza unificará nun só edificio os órganos xudiciais da cidade, ao acoller nos seus 44.000 metros cadrados 38 unidades xudiciais xunto coa Fiscalía de Área, as 2 seccións da Audiencia Provincial e a subdirección do Instituto de Medicina Legal (Imelga). En total, trasladaranse máis de 500 traballadores da Administración de Xustiza, que terán a súa disposición unha gardería de 41 prazas para facilitar a súa conciliación laboral e familiar.

Imaxes relacionadas