Miranda asiste ao concerto de Carlos Núñez na Catedral de Santa María de Vitoria organizado polo centro galego desta localidade

Vitoria, 04 de xullo de 2021

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou onte a noite no concerto que ofreceu Carlos Núñez na Catedral de Santa María de Vitoria-Gasteiz, acto organizado polo Centro Galego desta localidade co gallo do Ano Santo Xacobeo.

Esta actividade forma parte das diferentes iniciativas que a entidade alavesa acaba de poñer en marcha e que seguirán ao longo deste verano para celebrar o Xacobeo 21-22 e comezaron onte coa apertura da Porta Santa desta catedral e que rematarán coa realización de diversas etapas do Camiño de Santiago por Álava ao longo do mes de xullo. A maiores, e seguindo no ámbito musical, o Centro Galego tamén ofrecerá o 24 de xullo un concerto do grupo folk Ailá, baseado nos cantos de transmisión oral, así como de Enxebres de San Lázaro, formación con máis de 50 anos de existencia.

Imaxes relacionadas