A Xunta destina máis de 1,6 M€ en axudas para promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero a 50 concellos da provincia

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial, Luis López, informan destas achegas, que benefician ao 82% dos municipios e permiten soster 27 Centros de Información á Muller con 70 traballadores

A Xunta distribúe estes fondos noutros tres programas, centrados na prevención e eliminación da violencia de xénero, o fomento da igualdade e as accións de conciliación, que verá incrementada a súa partida para atender a máis concellos

Un total de 16 entidades locais das bisbarras de Pontevedra e Caldas benefícianse este ano destas axudas por un importe global de 540.000 euros
 

Pontevedra, 1 de xullo de 2021

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, vai destinar este ano máis de 1,6 millóns de euros en axudas para a promoción da igualdade e a prevención de violencia de xénero, entre outras accións, a prol de 50 concellos da provincia de Pontevedra, o que supón que estas achegas beneficiarán ao 82% dos municipios.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o xefe territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López, informaron desta resolución nunha convocatoria celebrada no edificio administrativo de Campolongo, na que explicaron que o Executivo autonómico dedica este ano case 6,5 millóns de euros a estas accións por parte dos concellos “co obxectivo de seguir avanzando na consecución dunha sociedade igualitaria e dar continuidade a todos estes programas que, dende o ano 2015, axudaron a máis de 50.000 mulleres e 17.500 familias grazas a un investimento de 30 millóns de euros”, segundo detallou López Abella.

A Secretaría Xeral da Igualdade distribúe estas achegas en catro programas consistentes no sostemento dos Centros de Información á Muller, a promoción da igualdade, as iniciativas de prevención e eliminación da violencia de xénero e o fomento da conciliación.

“Na provincia de Pontevedra axudamos ao mantemento de 27 Centros de Información á Muller, moitos dos cales están agrupados entre varios concellos, polo que dámoslle apoio a unha cobertura que chega a case todo o territorio e que conta con 70 profesionais que prestan asesoramento, atención psicolóxica e calquera tipo de axuda ás mulleres”, explicou a secretaria xeral, que revelou tamén que o programa de fomento da conciliación esgotou o seu crédito para este exercicio pola elevada cifra de solicitudes presentadas polos concellos, polo que vaise ampliar de xeito inminente esta partida para dar a maior cobertura posible.

En canto ás bisbarras de Pontevedra e Caldas, as axudas de Igualdade benefician, no marco destes catro programas, a un total de 16 concellos que recibirán, en conxunto, unhas achegas de 540.000 euros para o desenvolvemento de todas estas iniciativas.

 

Axudas 2021 da SX de Igualdade aos concellos de Pontevedra e Caldas

Concello
CIM
Igualdade
Prevención
Conciliación
A Lama
60.000€ *
 
 
 
Poio
45.000€
 
 
 
Caldas
53.000€ *
 
 
 
Marín
43.992€
 
 
 
Bueu
45.000€
 
 
 
Pontevedra
45.000€
 
 
 
Valga
34.688€ *
 
 
15.000€
Ponte Caldelas
45.000€
 
 
 
Vilaboa
56.000€ *
 
 
 
Catoira
 
4.347€
 
 
Cerdedo-Cotobade
60.000€ *
8.000€
 
28.000€
Cuntis
 
6.000€
6.884€
15.000€
Moraña
34.688€ *
5.898€
 
 
Pontecesures
 
5.899€
 
15.000€
Barro
53.000€ *
 
 
 
Portas
53.000€ *
 
 
 

Imaxes relacionadas