O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou hoxe do acto de entrega
A Xunta presenta o vehículo adaptado que Aspas adquiriu con cargo á orde do 0,7% do IRPF
Este coche permitirá que os usuarios do centro de día situado nas aforas de Santiago poidan participar en actividades no exterior
O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, presentou hoxe o vehículo adaptado adquirido pola Asociación de padres de persoas con discapacidade intelectual (Aspas) con cargo á orde do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF). Este coche permitirá que os usuarios do centro de día poidan participar en actividades exteriores.
O director xeral sinalou que se trata dun servizo moi necesario para que as persoas deste centro poidan acceder a actividades como ir ao cine, a un museo ou simplemente coñecer algún punto fóra das instalacións. Este centro de día encóntrase nas aforas de Santiago, de xeito que se facía preciso que a propia entidade tivera un coche destas características que permitira a súa mobilidade.
Fernando González Abeijón destacou o compromiso de Aspas na procura dunha sociedade máis xusta, solidaria e igualitaria. Neste sentido, lembrou que gracias ás actividades que realizan neste centro, así como nos seus centros ocupacionais e residencias, permiten que as persoas con discapacidade gañan en autonomía e coidados.