A Xunta achega 18.000 euros para obras de mellora na sede da Asociación Viúvas María Andrea para mulleres en risco de exclusión social

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou esta mañá a sede da entidade ourensá

Ourense, 24 de xuño de 2021

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou hoxe a Asociación Viúvas María Andrea, dedicada a brindar apoio e atención social e laboral ás mulleres vulnerables. Durante a visita, o representante do departamento autonómico salientou o compromiso da Xunta de Galicia con esta entidade a través a distribución de fondos do IRPF, que permitiron financiar con máis de 18.000 euros as obras que se están a levar a cabo na sede da organización para mellorar o acondicionamento e a estancia destas mulleres.

Fernando González Abeijón aproveitou a visita para percorrer as instalacións e poder comprobar as reformas levadas a cabo, que consistiron na reforma dos aseos para a súa adaptación ás necesidades especiais das mulleres que teñen mobilidade reducida, tamén na adaptación das portas ou a remodelación da sala multiusos onde se fan actividades, entre outras cousas. Ademais, puxo en valor as actividades que esta asociación realiza para fomentar a autonomía das mulleres maiores en risco de exclusión social, como ximnasia ou diferentes obradoiros, deseñadas para axudar a por fin ao deterioro cognitivo e físico e darlles acompañamento nuns momentos especialmente complexos.
 

Imaxes relacionadas