Emigración publica hoxe a lista de puntuación provisional dos admitidos e suplentes das Bolsas de Excelencia para Mocidade do Exterior (BEME)

Os interesados poden comprobar os datos a través da web da Secretaría Xeral da Emigración

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2021

A Secretaría Xeral da Emigración publica hoxe, mércores 23 de xuño, a lista coa puntuación provisional de admitidos e suplentes, así como a listaxe de excluídos das bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME).

Deste xeito, os candidatos disporán de prazo ata o 30 deste mes para presentar as alegacións que consideren oportunas.

Máis de 600 universitarios galegos do exterior iniciaron a solicitude desta axuda, que conta con 200 prazas, para o estudo dun mestrado nunha das tres universidades galegas o próximo curso.

Esta é a quinta edición das bolsas Beme conta cun orzamento que ascende en 2021 ata os 1,72 millóns de euros impulsando a captación de universitarios galegos e de currículo brillante, residentes no estranxeiro e cunha titulación de grao, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto, que poderán cursar estudos de mestrado nalgunha das tres universidades galegas.

Os interesados poden comprobar os datos a través do enlace: https://emigracion.xunta.gal/actividade/lista-a-convocatoria/listados-provisionais-persoas-candidatas-bolsa-suplentes-e-excluid-0
 

Imaxes relacionadas