Activo un incendio forestal no concello ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo, que afecta o Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Tamén permanece activo un lume no municipio lucense de Folgoso do Courel, parroquia homónima, que afecta unha superficie superior ás 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2021

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo, que afecta o Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés.

O lume orixinouse ás 08,46 h. desta mañá e para o seu control mobilizáronse ata o momento 1 axente, 3 brigadas e 2 motobombas.

Cabe lembrar que tamén continúa activo un incendio no municipio lucense de Folgoso do Courel, parroquia homónima. Neste caso, iniciouse ás 04,50 h. desta madrugada e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie superior ás 20 hectáreas. Ata o de agora desprazáronse á zona 4 axentes, 6 brigadas e 6 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.