Feijóo aborda co alcalde dos Blancos a creación dunha residencia de maiores no concello

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2021

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, abordou hoxe co alcalde os Blancos, José Manuel Castro Blanco, a creación dunha residencia de maiores no concello. Estudarase a opción de que se cofinancie por parte da Xunta. Unha alternativa a valorar sería o uso dos fondos europeos do Plan de Recuperación, no caso de recibilos.

Durante a reunión, abordaron outros temas como a mellora do abastecemento no núcleo de Pexeiros; a humanización de espazos públicos, como a pavimentación de rúas en Nocedo, actualmente en licitación; o acondicionamento do río Airoa ou a rehabilitación de vivenda municipal para alugueiro.

Imaxes relacionadas

Departamento:
A Presidencia da Xunta