A Xunta inicia mañá as obras de rehabilitación dos paramentos dun paso inferior da estrada AC-552 na Coruña

Os traballos, adxudicados por un importe de máis de 48.000 euros, terán un prazo de execución de 2 meses

As obras teñen como obxectivo acondicionar os paramentos deste paso inferior, que presentan problemas nas ancoraxes por mor do paso de vehículos pesados

A intervención consistirá na retirada dos paramentos e no revestimento mediante un gunitado, cun armado mediante mallazo para acadar maior resistencia

A execución destas actuacións fará preciso o corte dun dos carrís a partir de mañá

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2021

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inicia mañá as obras de rehabilitación dos paramentos do paso inferior da estrada AC-552 no concello da Coruña.

Estes traballos, adxudicados á empresa CONSTRUCCIONES C.L.C., S.L. por importe de máis de 48.000 euros, terán un prazo de execución de 2 meses.

Os paramentos do paso inferior situado entre os puntos quilométricos 0+800 e 1+300 da estrada AC-552 presentan problemas nas súas ancoraxes debido ao paso dos vehículos pesados, que xeran correntes de aire que provoca desgaste nas ancoraxes.

Os traballos previstos teñen como obxectivo solucionar estas carencias mediante a retirada de todos os paramentos do paso inferior e o seu revestimento posterior mediante un gunitado, cun armado mediante mallazo para acadar maior resistencia.

A execución destas actuacións fará preciso o corte, a partir de mañá, da circulación nun dos carrís do paso inferior, permitindo o tráfico a través do outro carril.

A Xunta continúa traballando na conservación e mantemento da rede viaria autonómica coa fin de reforzar a seguridade viaria e a eficiencia das estradas.