A Xunta inicia os trámites para a adxudicación de 12 vivendas protexidas no concello de Vigo

Segundo informou a delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello, Marta Fernández-Tapias, trátase de seis vivendas rehabilitadas polo CCVV e outras seis promovidas pola cooperativa de San Paio

Sortearanse entre os inscritos no Rexistro de Demandantes, que deberán comunicar ao IGVS, no prazo de quince días, o seu interese en ser incluídos
 

Vigo, 4 de xuño de 2021.- A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Marta Fernández-Tapias, informou hoxe do inicio do procedemento para a adxudicación de doce vivendas protexidas de promoción privada no concello de Vigo. Trátase de seis vivendas promovidas polo organismo público rehabilitador e outras seis correspondentes á cooperativa de San Paio.

Por unha parte, a Comisión provincial de vivenda acordou iniciar o procedemento de adxudicación en réxime de compravenda das seis vivendas do CCVV.

Na rúa San Francisco 15 atópanse dúas das vivendas do Consorcio, que actualmente están en execución

Número de vivendas
Características das vivendas
Prezo de venda
1

110,54 m2. 3 dormitorios. Baixo e 1º andar

188.000 €
1

119,65 m2. 3 dormitorios. 2º e 3º andar

210.000 €

As outras catro están na rúa Ribeira Berbés 29, tamén en estado de execución

 

Número de vivendas
Características das vivendas
Prezo de venda
1

80,05 m2. máis rocho. 1 dormitorio.

145.000 €
1
117,65 m2. máis rocho. 2 dormitorios.
215.000 €
1

118,60 m2. máis rocho. 2 dormitorios

216.500 €
1

82,40 m2. máis rocho. 2 dormitorios

152.500 €

Por outra parte, adxudicaranse seis vivendas promovidas por San Paio Sociedade Galega Cooperativa de Vivendas. Neste caso as vivendas están rematadas e adxudícanse en réxime de alugueiro.

 

Número de vivendas
Características das vivendas
Prezo de alugueiro
1
89 m2. 3 dormitorios.
604,78 € mes
3
88,20 m2. 3 dormitorios
600,34 € mes
2
120 m2. 4 dormitorios
777,11 € mes

As vivendas serán adxudicadas por sorteo entre as persoas inscritas no Rexistro de Demandantes de Vivenda, que deberán comunicar ao IGVS, no prazo de quince días, o seu interese en ser incluídos no sorteo.