A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río Rosa ao seu paso polo concello de Dumbría
As tarefas estanse a desenvolver nun tramo de máis de 1,3 km de lonxitude na parroquia do Ézaro, no lugar da Laxe
As actuacións céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle, así como a recollida do lixo do leito
O departamento que dirixe Ethel Vázquez continúa a traballar na mellora dos leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río Rosa, ao seu paso polo concello de Dumbría.
Estes traballos estanse a desenvolver nun treito deste río de máis de 1,3 km de lonxitude, ao seu paso pola parroquia do Ézaro, no lugar da Laxe.
As tarefas céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos, así como a recollida do lixo do leito. Unha vez finalizadas estas actuacións o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.
Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-centro e as súas zonas de acceso e protección.
Os traballos do departamento que dirixe Ethel Vázquez contribúen á mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.