A Xunta oferta 1.652 prazas en 10 campamentos de verán na provincia da Coruña
A proposta de actividades inclúe tamén 12 campos de voluntariado con 108 prazas para mozos de entre 18 e 30 anos
Poderán participar mozas e mozos con necesidades especiais e ofértanse 15 prazas para persoas con discapacidade no Albergue Xuvenil de Gandarío
Manterase o protocolo específico ante a covid-19 no que se recollen medidas como a redución do aforo, o reforzo do persoal monitor e o incremento das medidas hixiénico sanitarias
A Xunta abre o prazo hoxe para a solicitude das 1.652 prazas dispoñibles na provincia da Coruña para participar nos 10 campamentos, para as mozas e mozos de entre 9 e 17 anos, da campaña de verán para este 2021 e desde onte pódense solicitar tamén algunha das 108 prazas dispoñibles para os 12 campos de voluntariado que se celebrarán na Coruña.
O programa de actividades, que se desenvolverá nos meses de xullo, agosto e setembro, ponse en marcha baixo o lema “O verán que mereces”. O Goberno galego manterá as bases do protocolo específico fixado o ano pasado para os campamentos de verán. Deste xeito, continuarase a implantar medidas como a redución do aforo, a incorporación gradual das rapazas e rapaces, o reforzo do persoal monitor ou o incremento das medidas hixiénico-sanitarias.
Campamentos de verán
O prazo de solicitude será de sete días hábiles no caso dos campamentos a partir de hoxe. As familias numerosas e monoparentais terán un desconto do 50%, e as persoas usuarias do Carné Xove gozarán dunha rebaixa do 25%. As solicitudes deben presentarse preferiblemente por vía telemática a través da Sede Electrónica. Na páxina de Xuventude hai dispoñible máis información ao respecto.
Campos de voluntariado
Para os campos de voluntariado celebrados en Galicia, o prazo de inscrición estará aberto ata cinco días antes do comezo de cada campo. Para os campos de voluntariado noutras comunidades autónomas habilítanse dúas convocatorias, a primeira delas remata o día 21 de maio ás 14.00 horas. A segunda convocatoria abrirase o 1 de xuño e permanecerá aberta ata cinco días antes do inicio do campo.
A solicitude presentarase mediante un formulario en liña e cada persoa solicitante debe escoller, por orde de prioridade, un máximo de cinco campos de voluntariado. As prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de recepción.
Novidades
Este ano á campaña de verán incorpórase unha noca instalación de campamentos na provincia en Cabana de Bergantiños e recupérase o programa de intercambio bilaterais que se suspendera o ano pasado por mor da pandemia.
CONCELLO | CAMPAMENTO DE VERÁN | |
COMARCA CORUÑA | ||
SADA | Aventura nas Mariñas (Albergue Xuvenil Marina Española) | |
BERGONDO | Actividades no mar Creando o meu Videoxogo A vista de páxaro: Drons Adestrando ao meu robot (Albergue Xuvenil Gandarío) | |
VILASANTAR | Saborea a vida no rural (Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar) | |
SOBRADO DOS MONXES | A aldea perdida (Granxa Zoo de Grixalba) | |
COMARCA BARBANZA | ||
PORTO DO SON | Natureza xunto ao mar (Campamento Xuvenil Virxe de Loreto) | |
BOIRO | Candilexas (Campamento Xuvenil Espiñeira) | |
COMARCA SANTIAGO | ||
MELIDE | Natureza no Camiño (Campamento Xuvenil Furelos) | |
SANTIAGO DE COMPOSTELA | O sabor do verán (Centro Superior de Hostalería de Galicia) | |
COMARCA BERGANTIÑOS COSTA DA MORTE | ||
CABANA DE BERGANTIÑOS | Campamento de Aventuras (Albergue municipal) | |
PONTECESO | Un país para pintores e poetas Isidro Parga Pondal, ciencia y cultura (Aldeo do Couto) |
CONCELLO | CAMPOS DE VOLUNTARIADO | |
COMARCA CORUÑA | ||
COIRÓS | Monte da Espenuca (Medioambiental) | |
CURTIS | Camiños e Patrimonio Cultural (Arqueoloxía) | |
SOBRADO DOS MONXES | A Ciadella coa Consellería de Cultura. Educación e Universidade (Arqueoloxía) | |
COMARCA BARBANZA | ||
SERRA DE OUTES | Lembrado a nosa pegada (Patrimonial e Sociocultural) | |
RIBEIRA | Dunas de Corrubedo (Medioambiental) | |
BOIRO | Amicos (Medioambiental e social) | |
COMARCA DE SANTIAGO | ||
BOQUEIXÓN | Camiño Cara a Natureza (Medioambiental e etnográfico) | |
ROIS | Castro do Lupario (Arqueoloxía) | |
BOIMORTO | Luces de Boimorto (Festival e arqueolóxico) | |
COMARCA BERGANTIÑOS-COSTA MORTE | ||
A LARACHA | Castro de Montes Claros (Medioambiental e arqueolóxico) | |
PONTECESO | Ali, xaz (Medioambiental e etnográfico) | |
COMARCA FERROL | ||
AS PONTES | Vilarbó (Medioambiental) |