Os equipos sagrada familia da ESO, IES marco do Camballón de bacharelato e o do campus da USC de universidades, gañadores da duodécima edición de Parlamento Xove

Ao acto asistiron o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel

Máis de 220 estudantes en 53 equipos diferentes participaron nesta edición

A pregunta desta edición foi: Debería limitarse legalmente o uso das pantallas entre as persoas máis novas?

Para respectar todas as medidas sanitarias os debates se puideron seguir a través de tres canais de streaming habilitados para o evento
 

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2021

Os equipos do CEIP Sagrada Familia de Vilagarcía de Arousa, o IES Marcos do Camballón de Vila de Cruces e o do campus de Santiago de Compostela erixíronse esta mañá nos gañadores na duodécima edición de Parlamento Xove. Estes equipos lograron facerse coa final fronte aos seus respectivos rivais: o CEIP La Salle de Santiago de Compostela, o IES de Becerreá e o Campus de Pontevedra. Un total de 86 mozos e mozas de 24 equipos, pertencentes a 13 centros escolares e 6 campus universitarios de Galicia, disputáronse os títulos correspondentes ás diferentes categorías en función do ciclo académico ao que correspondan, comprendidas entre ESO, Bacharelato e Universidades. O Pazo do Hórreo acolleu a final desta nova convocatoria do certame, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, cuxa titular, Cristina Pichel, asistiu xunto ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices.

A principal dificultade da actividade radicaba en que a cada un dos equipos se lle asignaba a postura que debían defender, ‘a favor’ ou ‘en contra’ da cuestión formulada, a través dun sorteo que se celebraba tan só cinco antes do inicio do debate. O tema elixido nesta ocasión, de máxima actualidade, foi se Debería limitarse legalmente o uso das pantallas entre as persoas máis novas. Para respectar todas as medidas sanitarias e garantir a seguridade de participantes e público, os debates se puideron seguir a través de tres canles de streaming habilitadas para o evento.

Cristina Pichel destacou durante o acto a importancia deste tipo de iniciativas destinadas aos mozos e mozas para que poidan dialogar, investigar, falar en público e sobre todo aprender a escoitar. Tamén lembrou que proxectos como o Parlamento Xove constitúen unha oportunidade para garantir que a xuventude manteña un ocio seguro ao tempo que segue desfrutando de foros formativos e espazos de entretemento.

Premios

Os premios que se levarán os gañadores desta edición consisten nunha viaxe valorada en 5.000 euros para cada un dos equipos gañadores das categorías escolares, e en 2.500 para o equipo gañador da categoría universitaria. Así mesmo, contaron cunha mención especial e cun agasallo aos mellores oradores e os mellores artigos de investigación que tiveron cada unha das categorías.

Por este programa de formación pasaron desde o seu inicio, no ano 2010, un total de 388 equipos procedentes de centros escolares galegos de ESO ou Bacharelato e de 14 de universidades. Así, neste certame participaron 2.014 mozos e mozas.
 

Imaxes relacionadas