A Xunta iluminará o sábado de branco e vermello a ponte sobre a ría de Noia con motivo do Día Mundial da Cruz Vermella

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2021

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, adaptará o sábado pola noite a iluminación ornamental da ponte de Noia para conmemorar o Día Mundial da Cruz Vermella. Así, desde o solpor do sábado ata a 1 da madrugada do día 9, a ponte de Noia lucirá un xogo de luces que intercambiarán o vermello e o branco, en homenaxe a esta organización humanitaria.

A Xunta atende así a petición formulada pola Cruz Vermella de Noia para conmemorar o Día Mundial deste colectivo, que coincide coa data de nacemento do seu fundador, Henry Dunant, e co que se recoñece o traballo encomiable que os seus voluntarios e empregados realizan en todo o mundo.