Emigración destina 6.000 euros á Asociación de Emigrantes Retornados do Ulla-Umia (Aeru) para o mantemento da súa oficina de información

O secretario xeral deste departamento autonómico firmou co presidente da entidade, con sede en Caldas de Reis, o convenio que permitirá manter o asesoramento aos galegos do exterior que optan por regresar a Galicia

Santiago de Compostela, 05 de maio de 2021

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, firmou esta mañá no edificio da Secretaría Xeral da Emigración, o convenio co presidente da Asociación de Emigrantes Retornados do Ulla-Umia (Aeru), Celso Domínguez Búa, para o mantemento da súa oficina de información en Caldas de Reis, destinada a asesorar aos galegos do exterior que optan por regresar a Galicia.

A Asociación de Emigrantes Retornados Ulla-Umia (Aeru) é unha asociación sen ánimo de lucro de ámbito provincial que naceu en 2013 co obxectivo de dar resposta as demandas dos emigrantes retornados en relación cos problemas de tributación das pensións xeradas no estranxeiro, pero que, dadas as dificultades e a problemática que se detectou neste colectivo no seu proceso de retorno e adaptación, comezou a prestar un servizo de orientación e asesoramento orientado a facilitar a súa integración social e cultural na sociedade galega.

Esta entidade agrupa a un número importante de socios nesta comarca pontevedresa e se configura como un punto de referencia ao que cada día acoden as persoas retornadas reclamando os seus servizos, polo que está desenvolvendo unha importante labor social a favor dos emigrante galegos retornados e dos seus descendentes.

A Secretaría Xeral colabora con esta asociación cun convenio de colaboración de 6.000 euros co obxectivo de ofrecer aos emigrantes retornados á Comunidade Autónoma a maior cobertura posible no seu proceso de retorno e adaptación á sociedade galega.

Imaxes relacionadas