A Xunta propón un Pacto de Estado por Ferrol para a recuperación e transformación industrial da comarca

Feijóo reclama a implicación de todas as administracións

Santiago de Compostela, 29 abril de 2021

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, deu conta hoxe, na rolda de prensa do Consello da proposta de acadar un auténtico Pacto de Estado por Ferrol para a recuperación e transformación industrial da comarca.

Ante a preocupante situación na que se atopa Ferrol e a súa comarca, tal e como reflicten os datos de paro e o saldo vexetativo e cunhas expectativas que non son boas despois de que o Goberno central estea contribuíndo coas súas accións ao peche da central térmica das Pontes, non execute o dique cuberto previsto no Plan estratéxico de Navantia, nin dote de traballo ao estaleiro, Feijóo anunciou que se actuará de inmediato a través de tres vías.

En primeiro lugar, dixo, abrindo un proceso de diálogo entre os axentes económicos, sociais e os partidos políticos. En segundo lugar, mobilizando a todas as consellerías para que prioricen os investimentos. E, por último, salientou, reclamando a implicación de todas as administracións a través dun pacto de Estado que congregue a Goberno central, Xunta, Deputación da Coruña e concellos.
 

Imaxes relacionadas