A Xunta destaca o gran potencial das empresas do sector dos áridos e avoga por impulsar a súa modernización e sustentabilidade

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2021

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou esta mañá, mediante videoconferencia, na clausura da asemblea xeral da Asociación Galega de Áridos (Arigal), onde destacou o gran potencial das empresas do sector dos áridos na creación de emprego e riqueza e avogou por poñer en marcha novos proxectos que afonden na modernización tecnolóxica, a economía circular e a sustentabilidade.

A directora puxo en valor o traballo realizado por Arigal –que conta con 53 asociados na entidade, aos que adicionalmente se suman 24 empresas da industria auxiliar– na defensa dos intereses colectivos das empresas que se dedican á actividade de transformación industrial, fabricación e comercialización de áridos. Finalizou expresando os seus mellores desexos á nova directiva para poder alcanzar os obxectivos compartidos relativos á mellora do sector.

Imaxes relacionadas