O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese con representantes da empresa Viaqua

Ourense, 29 de abril de 2021

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, dentro súa rolda de encontros institucianais, recibiu esta mañá á unha representación da empresa Viaqua encabezada polo seu director, Marcos Martín e a súa xerente, Ana Tejeiro, co obxectivo de coñecer de primeira man o traballo que se está a desenvolver no sector da auga en Galicia, tanto a nivel operativo como no ámbito da investigación.

Gabriel Alén interesouse polo traballo desenvolvido por esta empresa do sector do medio ambiente que xestiona os procesos relacionados co ciclo integral da auga en Galicia e que está presente en 48 concellos das catro provincias prestando servizo a 765.000 galegos.

Pola súa banda, Marcos Martín destacou a actividade de Viaqua na provincia de Ourense, empresa que xestiona 12 contratos do ciclo da auga na provincia, ademais de formar parte, xunto coa Deputación Provincial, de AquaOurense.

Imaxes relacionadas