A Xunta destaca o traballo da Fundación Sálvora na tutela e asesoramento das persoas con discapacidade intelectual

O Goberno galego colabora con esta entidades a través dun convenio de colaboración de 120.000 euros

A Fundación Sálvora ofreceu apoio a 56 persoas tuteladas de toda Galicia durante o ano 2020, das que 21 se atopan neste centro San Rafael de Vigo

Axudan aos usuarios nas xestións persoais, realizan actividades de inclusión na contorna e de apoio á vida independente e ofrecen asesoramento xurídico

Vigo, 28 de abril de 2021

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, acompañado da delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou esta mañá o centro San Rafael, onde destacou o traballo da Fundación Sálvora na tutela e asesoramento das persoas con discapacidade intelectual.

O Goberno galego colabora con esta entidade a través dun convenio de colaboración de 120.000 euros, mediante o que se axuda ás persoas con discapacidade intelectual tuteladas na xestión de documentación persoal e se realizan actividades de inclusión na contorna e de apoio á vida independente.

Durante o ano 2020, a Fundación Sálvora ofreceu apoio a 56 persoas de toda Galicia, das que 21 se atopan neste centro San Rafael de Vigo. O director xeral apuntou que gracias ao seu labor garántese unha mellor calidade de vida ás persoas con discapacidade, asegurando unha participación activa na sociedade e axuda en todos os ámbitos.

Imaxes relacionadas