O Sergas publica a relación definitiva do proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario
Xeráronse un total de 33.360 inscricións, sumando as do anterior proceso e as de nova xeración
A categoría con maior número de solicitudes é a de celador, con 10.144 inscricións
Resultan excluídas do proceso o 1,40% das solicitudes de participación
O 3,32% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso
Inclúense neste grupo as primeiras listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos temporais da categoría de celador, en prazas reservadas para seren ocupadas por persoas con discapacidade intelectual
O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, o anuncio polo que se dá publicidade á relación definitiva de admitidos e excluídos e os resultados definitivos de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario: celador, celador quenda de discapacidade intelectual, grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais, técnico en farmacia, técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico superior en dietética, técnico superior en documentación sanitaria, técnico superior en hixiene bucodental, técnico superior en imaxe para o diagnóstico, técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico e técnico superior en radioterapia.
Xeráronse un total de 33.360 inscricións, sumando as do anterior proceso e as de nova xeración. A categoría con maior número de solicitudes é a de celador, con 10.144 inscricións. Resultan excluídas do proceso o 1,40% das solicitudes de participación. O 3,32% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso. Inclúense neste grupo as primeiras listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos temporais da categoría de celador, en prazas reservadas para seren ocupadas por persoas con discapacidade intelectual
A lista definitiva de admitidos e excluídos coa asignación de puntuacións definitivas e orde de prelación acadadas, atópanse publicadas na web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). Os aspirantes poden consultar desde hoxe, no seu expediente electrónico persoal (Fides/expedient-e) a súa posición e o número de orde nas listas xeradas; así como de ser o caso, as causas de rexeitamento dalgún dos méritos presentados, dotando de total transparencia ao proceso de selección.
As listas entran en vigor o día 29 de abril.
Próximas publicacións
Proximamente publicaranse as listas provisionais das seguintes categorías: albanel, calefactor, carpinteiro, cociñeiro, condutor, costureiro, electricista, fontaneiro, lavandeiro, mecánico, pasador de ferro, perruqueiro, pinche e telefonista.