Fabiola García participa na primeira visita ao centro de atención integral Amencer-Aspace de Vigo
2021-04-23
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2021/Abril/semana-04/20210423ConselleiraCentroAspaceFAO.jpg
Vigo, 23 de abril de 2021.- A conselleira de Política Social, Fabiola García, participou esta mañá na primeira visita ao centro de atención integral Amencer-Aspace de Vigo, financiado pola Fundación Amancio Ortega. O acto contou coa presenza dos vicepresidentes da entidade, Flora Pérez Marcote e José Arnau Sierra, e do alcalde da cidade, Abel Caballero.
Este novo centro de atención integral conta cunhas instalacións de vangarda nas que se atopan unha área específica de rehabilitación e un colexio de educación especial, que se porá en marcha o curso que vén.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade