O subcomité clínico fixa o nivel máximo de restricións nos concellos de Carballeda de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal e O Grove

Carballeda de Valdeorras incorporarase o vindeiro luns á listaxe de municipios con medidas máis restritivas

Establece o nivel alto de restricións nos municipios de Boiro, Barreiros, Pobra do Brollón, Monterrei, A Illa, Boimorto, O Irixo e Carral

En 14 concellos galegos rexerán as medidas do nivel medio de restricións: Rábade, Ribadumia, Soutomaior, Vilaboa, Vilanova, As Neves, Noia, Sanxenxo, Meis, Baiona, Gondomar, Carballiño, Cortegada e Padrenda

Durante esta semana está chamados a participar nos cribados poboacionais máis de 35.000 persoas

Un total de 52.000 persoas están chamadas a vacinarse esta fin de semana
 

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2021

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar a incorporación do concello de Carballeda de Valdeorras á listaxe de concellos con nivel máximo de restricións, xunto cos concellos da Pobra do Caramiñal e O Grove.

A grupo de expertos determinou o establecemento do nivel alto de restricións en oito concellos galegos, nomeadamente, nos municipios de Boiro, Barreiros, Pobra do Brollón, Monterrei, A Illa, Boimorto, O Irixo e Carral.

Ademais, quedarán no nivel medio de restricións os municipios de Rábade, Ribadumia, Soutomaior, Vilaboa, Vilanova, As Neves, Noia, Sanxenxo, Meis, Baiona, Gondomar, Carballiño, Cortegada e Padrenda.

No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro luns, 12 de abril.

Continúan os cribados para a detección precoz de casos

A dirección xeral de Saúde Pública continua a intensificar a realización de cribados poboacionais na procura de identificar novos casos positivos polo virus Sars-Cov-2. Así, entre os días 6 e 19 de abril, convoca para realización de probas diagnósticas a máis de 35.000 galegos e galegas.

Lugar
realización
Concello
Datas
Rango
idade

Núm. persoas

citadas

Lugar de realización

AS A Coruña

AC - Ventorrillo

6 -13 abril
20 -40
             8.014
Ventorrillo

AC - Castrillón

6 – 11 abril
20 -40
3.523
CHUAC

AC - Matogrande

12 – 19 abril
20 -40
4.592
CHUAC

AC – Os Mallos

13 – 17 abril
20 -40
6.033
Ventorrillo

AC - Labañou

Pendente data
20 -40
3.717
Ventorrillo
AS Santiago
Boiro
10, 11 abril
30 - 45
3.500
 
AS Lugo

Pantón – Parroquia Toldaos

Pendente
data
 
60
 
AS Ourense
Monterrei
10 abril
18 - 74
800
 
Carballeda
12 abril
18 - 74
600
 

AS Pontevedra

A Illa Arosa
12, 13 abril
40 - 64
1.700
 
O Grove
8 – 10 abril
19 - 49
2.600
 
TOTAL
 
 
 
35,139
 

Últimos datos e programa de vacinación para a fin de semana

Na xornada de onte, a Xunta de Galicia administrou un total de 33.229 dosis de vacinas contra a covid-19. En concreto, vacinou a 31.882 persoas coa vacina de Pfizer, e a 1.347 coa de Astrazeneca.

No caso da vacina británica, 1.264 doses foron administradas en grandes recintos (Ferrol e Cee) e 83 noutros puntos de vacinación. No caso das vacinación en Ferrol e Coruña-Cee as porcentaxes de adherencia acadaron o 81,6% na cidade departamental, e o 80,4 % en Cee. Así, a porcentaxe global de adherencia á vacina de Astrazeneca na comunidade galega é de o 77,43%.

A Xunta continúa a acelerar o ritmo de vacinación en Galicia ao convocar a preto de 52.000 persoas para vacinarse, durante esta fin de semana. Así, nas xornadas do sábado e domingo, administrará a vacina de Pfizer ao redor de 27.000 persoas, xunto con outras 25.000 doses da vacina de Astrazeneca.