Activo un incendio forestal no concello coruñés de Ortigueira, parroquia de Devesos
Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas
A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello coruñés de Ortigueira, parroquia de Devesos.
O lume orixinouse ás 22,56 h. de onte e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse 4 axentes, 7 brigadas, 4 motobombas e 1 pa.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.