Estabilizado un incendio forestal no concello lugués de Folgoso do Courel, parroquia de Seoane

Segundo as primeiras medicións, o lume afecta unhas 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2021

A Consellería do Medio Rural informa dun lume estabilizado no concello lugués de Folgoso do Courel, parroquia de Seoane.

O lume orixinouse ás 21,15 h. da pasada noite e quedou estabilizado ás 6,13 h. desta madrugada. Segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas. No seu control traballan 3 axentes, 6 brigadas e 5 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural