Estabilizado o incendio forestal do concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo
Segundo as últimas estimacións, o lume afecta arredor de 35 hectáreas
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo, está estabilizado.
O lume iniciouse ás 12,11 h. deste mediodía e quedou estabilizado ás 17,44 h. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 35 hectáreas. Para o seu control, mobilizáronse 3 axentes, 8 brigadas e 4 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.