A Xunta adxudica as obras de mellora do firme na Avenida da Paz de Ribeira, que comezarán nas vindeiras semanas

A actuación, adxudicada por un importe de 48.000 euros, ten un prazo de execución de 2 meses

A intervención realizarase no treito da estrada autonómica PO-309 que se corresponde coa Avenida da Paz, entre os puntos quilométricos 0+050 e 1+550

A actuación completaráse con accións de conservación da Xunta para poder acondicionar o pavimento de toda a súa lonxitude

O Goberno galego continúa traballando na mellora da estradas autonómicas coa fin de reforzar a seguridade viaria e mellorar as prestacións aos usuarios

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2021

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de mellora do firme na Avenida da Paz do municipio de Ribeira, que comezarán a executarse nas vindeiras semanas.

Estas actuacións, adxudicadas á empresa Construcciones J Mauri e hijos SL por un importe de máis de 48.000 euros, levaranse a cabo no treito da estrada autonómica PO-309 entre os puntos quilométricos 0+050 e 1+550, que se corresponde coa Avenida de Paz.

Os traballos, cun prazo de execución de dous meses, consisten na rehabilitación do firme desta avenida, actuación que se completará con accións de conservación da Xunta para poder acondicionar o pavimento de toda a súa lonxitude.

En concreto, fresaranse dúas cuñas triangulares na parte exterior de cada carril para dar encaixe a unha nova capa de rodadura.

Tamén se estenderá mestura bituminosa en quente como capa de rodadura sobre o firme existente.

O Goberno galego continúa traballando na mellora da estradas autonómicas coa fin de reforzar a seguridade viaria e mellorar as prestacións aos usuarios.